lunes, 19 de octubre de 2009

ALBERTO PUENTE GARCIA. A Coruña, 1918 - Caracas, 3 de maio de 2004


Foto de Alberto no carcere de Burgos, foi un dos presos que, xunto co seu amigo e poeta Marcos Ana, permaneceu máis tempo nos cerceres da dictadura, 22 anos.

De seguido textos de Xurxo Martínez Crespo:

A vida de Alberto Puente é un resumo da história de Galiza e do Partido Comunista de España no século XX. Militante dende novo no PCE participou na guerra civil e na estruturación do Partido na clandestinidade. Condenado a morte a sua pena é comutada pola de 30 anos. Compañeiro de Lister, Carrillo, Semprum, Santiago Álvares, Grimau…

Alberto Puente García naceu en A Coruña o 8 de marzo de 1918. En 1933, dous anos despois de proclamada a II República española, vivía en Madrid, cidade na que se graduou como perito mercantil.

O 18 de xullo de 1936, data da sublevación contra a orde constitucional e legal da República española; Alberto encontrábase na capital do Estado espanol e incorporouse como voluntario ás milicias do Quinto Rexemento na fronte de Somosierra, fronte que estaba resistindo os embates da ofensiva fascista para a toma da capital.

En novembro de 1936, foi seleccionado xunto a un grupo de combatentes para organizar en Levante a 22º Brigada Mixta do Exército Popular baixo o mando de Francisco Galán, irmán do capitán fusilado en Jaca. Alberto Puente pertenceu ao seu Estado Maior.

En decembro de 1936, a 22º Brigada Mixta do Exército Popular foi formada en Gandía, lugar no que estaban organizando un par de batallóns desa mesma brigada.

A maioría dos oficiais que constituían o mando, así como os que encadraban as unidades-compañias e batallóns- procedían de Madrid, Francisco Galán seleccionáraos entre os combatentes máis destacados polo seu valor ou pola súa capacidade organizativa nas operacións dos primeiros meses da serra, Somosierra, Buitrago, etc-.

Aqui, ademáis de Alberto, estaba o seu irmán Ángel, valeroso e sonado garda de asalto que, despois de formada a brigada, volvería a Madrid. Baig, Lingo, o cubano Alberto, o médico Marzoa, o comandante Carano, o ex toureiro Litri Segundo e o topógrafo Carlos Llorens.

O embrionario corpo do Estado Maior da 22º Brigada ocupaba un sinxelo apartamento na entrada a Gandía.

Francisco Galán, Paco, sería unha das persoas que máis impulsarían a carreira militar formal, entre elas a de Alberto, através do ensino en escolas para oficiais en campaña. Era Paco, así era como lle chamaban os seus compañeiros, alto co pelo cortado ao rape. Se cadra dez anos máis que o fato de mozos que formaban o seu Estado Maior. Correcto e educado na conversa. Nunca recorría a tacos nin blasfemias, era, todo o contrario ao que para aquel entón era considerado "o imprescindíbel atuendo dun xenuino revolucionario".

A 22º Brigada Mixta, unha das primeiras en ser creada, constituíu o que sería en diante a base do Exército Popular da República. Con voluntarios de Valencia, tanto da capital como das vilas, formouse esta primeira brigada. Estes, tanto soldados como mandos, uns xa curtidos nos combates da defensa de Madrid e outros recrutados entre as filas de sindicatos e partidos antifeixistas valencianos, lograron formar os catro batallóns necesarios para conforma-la 22º Brigada Mixta, á fronte dos cales se encontraban os comandantes e capitáns: Alba, Alberto, Ponce, Carano e Litri.

Concentración... fusilamento... sinónimos. De alí ao campo de Bétera e á prisión de Gandía, lugar ao que, facía uns anos chegara Alberto para defender a liberdade e a legalidade, hoxe, 1939, presos e derrotados non hai ningunha das dúas.
Saída en liberdade provisional, despois de ano e medio, á espera de algunha denuncia verbo o seu comportamento na guerra civil, a súa causa, como combatente na guerra civil, foi sobreseída pois non tivo ningunha denúncia na súa contra.
Volve a súa cidade natal, A Coruña. Viaxa a Madrid e mantén unha entrevista segreda co autonomeado secretário xeral do Partido Comunista de España, Heriberto Quiñónes.
A policia changa á casa de Alberto. Tentan deterlo pero escapa correndo através dunha xanela pola Cidade Vella. É perseguido e ferido de bala. Detido en plana rua comeza a berrar para que non lle aplicasen a lei de fugas. Ingresa na prisión de A Coruña é interrogado e trasladado a Madrid. En Madrid, na Puerta do Sol é torturado.
Alberto sale en liberdade condicional en decembro de 1961, despois de 20 anos de cadea. Cun traxe confeccionado por un compañeiro. Trata de refacer a súa vida. Refacer é un eufemismo para quen non ter unha noiva, nin Nadal, nin unha carta sen censura, nin moitas veces o escape da lectura, porque en presidio, até o escape mental estaba proibido.
Entra en contacto con Joaquín Grimau, que poco tempo despois sería detenido e executado, 20 de abril de 1964.
Despois de seis anos preso, o dano é irreparábel. E despois de 20? Só unhas conviccións moi firmes poden revertir ese dano. E aquelo que nos permitiu sobreviver, é a razón da nosa vida.
Alberto organiza a folga dos traballadores da construcción, en Madrid, en apoio á folga dos mineiros asturianos. Cando está organizándoa cesa a de Asturias. Debe agacharse. A policia está tras a súa pista para que cumpra os seis anos que aínda lle restan dos 30 aos que fora condenado. Alberto, detido en Alicante e en A Coruña pensou que dúas veces xa fora abondo. Desde o Comité Central decidese a sua ida a París.
Alberto casa con Ileana e sepárase do traballo activo no Partido, dos compañeiros, de París. Algúns aceptan... outros non. Marcos Ana na voda, Lister... outros preferiron non asistir. O día da mudanza... derradeiro intento para que non marche cara a América do Sul... O Partido precisa de Alberto... pero Ileana tamén. Alberto é comunista... e feliz, atopou algo que non sabía que buscaba.
En Venezuela milita, porque sempre se milita mentras quede vida... e aínda despois. Traballa e vive. Conversa e mantén unha estreita amizade con Manolo Gallego, fundador da Irmandade Galega de Venezuela, ex membro do V Regimento e secretário xeral do Partido Comunista de España en Venezuela.
Celso Emilio Ferreiro... a Venezuela Saudita, o “Viaxe ao país dos ananos”. Todo está á venda, todo é barato. Pero Alberto sabe que hai cousas que non teñen prezo. Chega a Venezuela como apátrida debido a súa condición de refugiado político e apátrida en Franza. O seu carné de identidade venezuelano así o sinala. É verdade que os comunistas non tieñen patria? É verdade, e de tela, xa haberá alguén encargado de que non a teña.
E Venezuela gastaba... o que non tiña. E os españois estrearon democrácia. E chegaron uns que se chamaban socialistas e pretenderon devolver ou pagar o impagábel. E sentaron nun Congreso a quitar cuentas, e saía caro pagar tanta decencia, e tantos anos e tanta honestidade tralas reixas dos cárceres franquistas. E decidieron pagar algo, por pagar. E así son as cosas, que nunca foron doutro xeito.
E como a materia que nin se crea nin se destrúe, a realidade venezuelana foi mudando. E os venezuelanos, os seus dirigentes políticos e económicos, cavaron a súa própria tumba.
E Alberto atopou algo que non buscaba. E doelle todo o corpo que non quedou en Burgos senón que o acompañou. Doenlle as hernias, as pernas… doelle todo... pero aí está Alberto, con 84 anos e co povo venezuelano tomando a compañía PDVSA para o povo.
Alberto Puente García naceu en A Coruña e 1918 e morreu en Caracas o 3 de maio de 2004.
Xurxo Martínez Crespo.

ALBERTO PUENTE GARCIA


Alberto Puente García co investigador Xurxo Martínez Crespo. Na festa de fin de ano da Plancha 1 da Irmandade Galega de Venezuela.
Xurxo Martínez adicoulle moitas horas, moito tempo a conversar con el, con grande proveito, pois é moita a información que se recuperou. A memoria permanece.
Alberto morreu no mes de Maio do ano 2004, en Caracas donde vivía coa súa dona a sicologo Eliana Recagno.

Alexandre Tejero Cuenca

Un bo e xeneroso torturado e asasinado en 1967 .
Por Xurxo Martínez Crespo
Alejandro Tejero Cuenca naceu non exilo francés en 1941. Os seus pais foron o aviador republicano nado en Segovia, Braulio Tejero, e María Teresa Cuenca, secretária de Indalecio Prieto e despois do ministro de Aviación durante a República, Hidalgo de Cisneros.
Chegou a Venezuela en 1957, ingresando á Xuventude Comunista e á guerrilla da FALN. Foi secuestrado e torturado ate a morte en maio de 1967. Hoxe, 37 anos despois, a sua nai con 91 anos, aínda reclama ou seu corpo nunca atopado.
Orixes
María Teresa Cuenca de Tejero naceu en Vigo en 1913
. Aos 18 anos, en 1931, entrou a traballar como secretária no Ministério de Mariña da República española. Tamén foi secretária de Indalecio Prieto e do coronel Hidalgo de Cisneros, chefe das Forzas Aéreas no último ano da guerra. En abril de 1940 pasou a Franza polos Pirineus, pois estaba a ser reclamada, mesmo por rádio, polo rexime de Franco. En Arlés comunicouse co seu noivo, Braulio Tejero, piloto republicano exiliado.
Aos dous anos de estar en Franza, alguns familiares dixeronlles que podian volver. Cando chegan a España Braulio Tejero é detido e sentenciado a tres anos de cadea. Estivo preso só uns meses pola mediación de alguns militares amigos.
Marchan cara a Venezuela deixando a Alejandro cos avós maternos na Galiza.En 1957, o irmán de Braulio, Fernando, foi a España e trouxo a Venezuela ao seu fillo maior, Alejandro, quen tiña 17 anos para o momento do derrocamento do ditador Marcos Pérez Jiménez. Fixose militante da Mocidade Comunista en Venezuela, ademais de estudiante de Enxeñaria na Universidade Central de Venezuela. En maio de 1967, durante o governo de Raúl Leoni, o Servizo de Intelixéncia das Forzas Armadas detivoo fronte ao cine Broadway, en Sabana Grande, xunto con dous amigos. De acordo cos testemuñas, semella que morreu como consecuencia das torturas, no teatro de operacións (T.O.) de Yumare, estado Yaracuy, un campamento antiguerrilleiro.
Nunca devolveron o seu corpo. María Teresa Cuenca entrevistouse con ministros, militares, foi ao Congreso, tratou co primeiro governo de Rafael Caldera, durante tres anos de intensas xestións. Apresentouse na embaixada de España e o embaixador non quixo intervir.

viernes, 16 de octubre de 2009

EMILIO FARO


Hola Manolo:

Ahí che vai a foto de Faro. Tomeina no Parque Los Caobos penso que en 1973.
Sentados á súa ezquerda están Manolo Fraíz e Tamanaco de la Torre.

Eu que me enrollo de carallo, hoxe non se me ocurre nada máis.
¡ Qué se vai facer !

Apertas.
Xulio Rozados
Nota: Emilio Faro foi un destacado militante do PCE (Partido Comunista de España) moi activo na Irmandade Galega de Venezuela, donde o partido contaba con un bon número de destacados efectivos, entre os que hai que citar a Eliseo Montes, Xosé Varela Gil, Manolo Fernández,... A historia das actividades do PCE en Venezuela está por contar, é necesario que as persoas que nese tempo militaban empezen a aportar os seus recordos. O PCE reuníase na oficina que tiña a Plancha 1 da Irmandade no edificio Los Marciales da Avenida Urdaneta.

miércoles, 14 de octubre de 2009

No Parlamento da Unión Europea, 2001. Delegación de Venezuela


No mes de Xunio do ano 2001 as delegacións de oito paises da América Latina visitaron o Parlamento Europeo para expoñer a problemática da emigración galega.
Na foto a delegación de Venezuela, no fondo Xosé Lois Fernández Flores, na mesa Xosé Manuel López Trelles, un compañeiro da delegación cubana, Eduardo Meilán Sánchez e Xoán Manuel Giráldez Pérez.

sábado, 12 de septiembre de 2009

De capitán Mosqueira ao capitán Cerdeira de La Catira




De capitán Mosqueira ao capitán Cerdeira de La Catira Por: Xurxo Martínez Crespo

O primeiro e derradeiro magnicidio da historia venezuelana foi o de Delgado Chalbaud, magnicidio nunca resolto. A presidencia foi ocupada polo coronel Marcos Pérez Jiménez. El, e sobre todo o seu ministro do Interior, Ernesto Vallenilla Lanz, foron os encargados de tratar de opacar a figura do literato que derrocaran uns anos antes.

Vallenilla contrata a Cela (casualmente) para tratar de opacar a novela de Gallegos Doña Bárbara. Para La catira, Cela viaxou ás chairas venezuelanas coñecidas como llanos. Un llano é o equivalente á pampa arxentina.

Camilo José Cela, o tempo que estivo nos llanos do estado Apure empregou os coñecementos de Mosqueira Manso para que lle servisen de guía, ou como din os venezuelanos, de baquiano.

Encantado ficou nese bravo lapso de tempo, Cela, da natureza e de Mosqueira, tanto asi que Mosqueira quedou como un dos protagonistas de La Catira co nome de “capitán Cerdeira”.

Mosqueira en La Catira

“O capitán Cerdeira navegara os sete mares. O capitán Cerdeira -pequeniño e rexo, delgado e voluntarioso- era un bo celta mariñeiro e trotamundos, que decote quería ver o que ficaba alén do horizonte.

-Estamos no reino dos caribes (nome venezuelano para as pirañas), amigo meu, o río Apure é todo el unha inmensa caribera.

-Si, señor.

-E tanto! Quen caia á auga por estas latitudes, non o conta.

-Si, señor.

O capitán Cerdeira, de pé no bongo, que xa é difícil, semellaba o nobre porte dun vixía do tempo dos descubrimentos. Evaristo quiso ser orixinal.

-Capitán, sabe vostede o que penso?

O capitán Cerdeira fitou a Evaristo con certa estrañeza. O capitán Cerdeira non sospeitaba que Evaristo pensase. -Non, que pensa vostede?

Evaristo tomou alento; despois, sorriu.

-Pois penso que ten vostede o nobre porte dun vixía do tempo dos descubrimentos.

O capitán Cerdeira ensaiou un condescendente aceno de aprobación.

–Grazas, Evaristo...

Evaristo, antes Camilo, aquel galego do discurso, andou unha tempada polo Orinoco, acompañando ao seu paisano o capitán Cerdeira, o home que máis sabia de tartarugas en todo o universo.

Eis a descripción cuspida de Mosqueira Manso vista a través dos ollos e a pluma de Camilo José Cela durante a súa estadía en Venezuela.

A fundación do LAR GALEGO


Mosqueira Manso xunto a unha ducia de galegos de carácter progresista fundou, o 9 de febreiro de 1945, o Lar Gallego.

Na Memoria do Ministerio de Relacións Interiores, 1945-1946, p. LVII, subliñan a profunda relación do presidente e escritor Rómulo Gallegos Freire, descendente de galegos e que pasara tres veráns exilado en Beluso (Bueu), e o ministro de relacións exteriores, o poeta Andrés Eloy Blanco Meaño, descendente tamén de galegos e afervoado defensor da República española.

Mosqueira foi elixido presidente entre os 49 socios fundadores. O fillo do capitán Mosqueira, Fernando, recrea o intre así: “Os ‘catro gatos’ que fundamos o Lar Galego de Caracas, nacéramos, todos, en Galiza e, na nosa primeira xuntanza da Xunta Directiva, acordamos, por unanimidade, que mentres estivésemos no Lar, falaríamos a lingua de Rosalía, Pondal e Castelao”.

O día da fundación na sede do Lar apareceu por sorpresa o escritor (que tres anos despois sería presidente) Rómulo Gallegos Freire e o que sería o seu ministro de exteriores Andrés Eloy Blanco Meaño, foron nomeados imediatamente, ambos os dous, socios de honra.

Presidente fundador do Lar Galego, primeira asociación galega na Venezuela.



Xosé María Mosqueira Manso
Corme, 17 de outubro de 1886, Caracas, 18 maio de 1968
Por: Xurxo Martínez Crespo-

A vida do capitán Mosqueira Manso deixa pequena a de calquera aventureiro do cine. Ictiólogo, cartógrafo, biólogo, historiador, mariño. A Mosqueira Manso debemos a honra, en pleno século XX, de que moitos dos mapas realizados por vez primeira en Venezuela e na República Dominicana levasen a sinatura deste ilustre cormés. Estudoso das tartarugas do Orinoco, o seu traballo verbo as tartarugas arrau (podocnemis expansa) e o descubrimento das tartarugas albinas, hoxe, medio século despois, continúa a ser de gran valía para os estudos destes réptiles.

Este breve limiar dá fe do abraio que xera a figura de José María Mosqueira Manso entre as persoas que se achegan a ela.

A vida fóra do seu natal Corme para José María Mosqueira comezou cando cumpriu os 8 anos. A esa idade marchou cos seus pais cara a Santiago para ingresar no seminario, no que pasou cinco anos.

Polo que devecía o rapaz José era pola mar, e tanto devecía, que o seu pai o embarcou nun pequeno barco de vela que adoitaba viaxar cara a Xixón dende a pequena vila mariñeira de Corme, e así comezou a carreira marítima deste home de letras, mares, microscopios e mapas chamado José María Mosqueira Manso.

Mosqueira ingresou na Escola de Náutica e, ao rematar os seus estudos, embarcou nun barco de tres mastros que desprazaba 300 toneladas, barco sen igual na pequena vila de Corme.

Embarcou como agregado, coa obriga de facer no mar 200 días de vela e outros tantos de vapor para ter dereito a facer a proba de piloto.

A súa primeira viaxe de altura foi desde a Guinea Española até a República Arxentina. 109 días a través do océano. A viaxe desde Fernando Poo até Buenos Aires prolongouse debido á ausencia de vento; porén os agregados coma Mosqueira, aledáronse, porque eses días eran "días de mar" e a ese paso axiña poderían examinarse para ser pilotos. Despois quedaban os días de vapor, mais por aquelas datas interesaban máis os barcos de vela que os de vapor.



Para ser capitáns aínda quedaban moitos días para viaxar sobre as ondas. José Mosqueira Manso foi capitán da mariña mercante aos 25 años, casou ese mesmo ano con Honorina Vecino, e tivo o seu primeiro fillo Manuel o ano seguinte e outro máis, Francisco, aos 21 meses de celebrado o matrimonio.

O seu primeiro libro foi El Patrón de Cabotaje. Pasan algúns anos, e Mosqueira Manso é capitán con mando. Ocupa varios cargos oficiais como axudante militar de mariña en Viveiro e Ortigueira.

Estudou a fauna do litoral sahariano contratado por un consorcio pesqueiro privado publicando tres cartas de pesca de España, unha de carácter xeral, Costas sur española y portuguesa hasta Cabo Blanco del Sur (África) e dúas particulares Caladero de Cabo Jubi (África) e Caladero de São Vicente (Portugal).

Empezou a compaxinar a navegación con escritos de carácter divulgativo e científico en revistas especializadas de Vigo e en Vasconia Industrial y Pesquera de Donosita en 1929.

O seu traballo Biología de la Merluza-Sus variaciones sexuales-Su pesca, foi premiado pola Sociedade Oceanográfica de Guipúscoa co primeiro premio en concurso aberto en 1935.

Mosqueira Manso deixara a navegación, dende 1931, data na que obtivo o título de oficial da Reserva Naval Española, pasando a ser capitán de porto en Sevilla e subdelegado marítimo e de pesca de Santa Uxía de Ribeira. Estando en Ribeira estoupou a guerra.

Mosqueira pertencia ideoloxicamente, aínda que non militaba en ningún partido nin tiña ningún cargo político, ao bando republicano. Fuxiu do lado feixista no que permecera ocupando un cargo público outorgado pola legalidade republicana. Decide abandonar a loita fratricida e aceptar as ofertas laborais que dende hai anos recibira da República Dominicana; xa daquela deprimido pola guerra e a morte da súa compañeira, marcha cara ao exilio do que nunca máis volvería.


A guerra

O primeiro día de xullo de 1937, Mosqueira Manso toma o tren na Coruña cara á fronteira francesa.

O embaixador dominicano ante a República española, que residía en Hendaia cos demáis embaixadores ante a República Española, foi despedilo despois de darlle os seus documentos e a súa nova nacionalidade dominicana como salvoconduto.

Chega a Burdeos e embarca nun barco da Compañía Transatlántica Francesa. Viaxa contratado polo goberno do ditador Trujillo, con todos os gastos cubertos e co pasaporte dominicano no peto. Moitos outros, como Mosqueira Manso, descoñecían a clase de réxime que detentaba o poder na illa dominicana, uns máis axiña que outros (Galíndez e Almoyna foron asasinados) abandonaron a illa ao pouco noutras direccións, cara a outros países.

Mosqueira Manso chega a Puerto Plata, o segundo porto ao norte de Santo Domingo. Atravesou toda a illa, de norte a sur, até a capital, Santo Domingo, que daquela se chamaba Ciudad Trujillo, nome co que o sátrapa no poder bautizara a capital.

O presidente Trujillo, que tan maxistralmente describiu Mario Vargas Llosa en La fiesta del Chivo, incentivou a chegada de refuxiados políticos republicanos á República Dominicana. De todos é coñecida a chegada de homes cun grande relevo político, cultural e intelectual como Jesús de Galíndez, Alberto de Paz y Mateos, Ramón Suárez Picallo, o profesor Almoyna de Lugo ou Eugenio Fernández Granell, entre outros republicanos que máis tarde ou máis cedo tiveron que abandonar a illa debido ao carácter despótico do alcumado presidente Chapita, tamén coñecido coma o “Benefactor” Leonidas Trujillo.

Mosqueira desenvolvía o seu labor como tecnico pesqueiro, recibindo ordes directas do ditador Trujillo, co cal departía acotío. Posuía, dentro da xerarquía gobernamental dominicana, o rango de ministro sen carteira.

Levantou moitas cartas de pesca e mapas das costas da República Dominicana; moitos dos mapas, asinados polo propio Mosqueira adornaban as paredes das oficinas de Trujillo e do seu pazo presidencial.

Navegaba co xeneral Trujillo no iate Ramfis (nome tamén do fillo menor do presidente) o que é proba da admiración que sentía por este cormés o ditador dominicano.

Porén, a admiración non era mutua, e Mosqueira aproveitou o final dos tres anos de contrato para fuxir de Trujillo e marchou cara a Venezuela, onde soprarían ventos máis propicios para os republicanos co recoñecemento da legalidade da República española a partir do golpe de Estado da Xunta Revolucionaria de Goberno de 1945 presidida por Rómulo Betancourt e que tiña como un dos seus membros o político anteriormente exiliado na Galiza con Rómulo Gallegos: Gonzalo Barrios.



Unha tartaruga arrau (podocnemis expansa) hoxe. Esta espécie, protexida polo goberno venezuelano grazas aos desvelos do capitán Mosqueira Manso, está hoxe en perigo de extinción.

Venezuela 1940. As tartarugas arrau (podocnemis expansa)

Mosqueira Manso é unha tatuaxe na Venezuela. A súa pegada na cartografía, na bioloxía mariña ou mesmo como guía de Camilo José Cela, que retratou a Mosqueira en La Catira, dan unha imaxe da importancia deste cormés universal.

No alto do río Orinoco descubriu e catalogou mexillóns xigantescos. Dentro dos descubrimentos naturais temos o que fixo das tartaruguiñas albinas.

As tartarugas arrau (podocnemis expansa) do Orinoco, cando chegaba a época de pór os ovos, deixaban as augas do Orinoco e subían pola praia abondo para que as subidas do río non atinxisen os seus niños pero, asemade, non ían demasiado lonxe para que os tartaruguiños tivesen tempo de alcanzar a auga cando saísen do ovo.

As aves de rapiña axexaban, e aínda que os tartaruguiños trataban de correr, moitos ficaban no camiño. Nunha desas noites, na que a multitude de tartaruguiños amoreados, trataba de acadar as augas do Orinoco, Mosqueira observou, na escuridade, algo que brillaba. Eran o que máis tarde serían os célebres tartaruguiños albinos. Eran dous tartaruguiños pequerrechos que se distinguían dos outros pola súa brancura.

O capitán Mosqueira, agás o seu cargo co goberno venezuelano, era membro da Sociedade de Ciencias Naturais de Lasalle. Pronto houbo movemento entre os científicos, e a prensa falou dos tartaruguiños.

O seu amor polo Orinoco e as tartarugas "Arrau" (Podocnemis expansa), fíxolle pensar que o mellor que podía facer na súa vida era ficar ás beiras do río Orinoco, co seu metro, a sua báscula e o seu magnífico reloxo e co agarimo dos indios que lle axudaban, tan afectivos, tan humanos, tan bondadosos.

O capitán Mosqueira co seu metro medía a altura e o largo do niño, o tamaño dos ovos, a distancia entre o río e o niño, e o que fixese falla. Coa báscula pesaba os ovos e os tartaruguiños ao nacer e, cando medraban, convertianse nunhas señoras tartarugas que puñan de 80 a 100 ovos.

Desta época, 1943, son os seus traballos Superfície e profundidades do Rio Orinoco e os mapas ilustrativos, o libro Ostras y perlas de Margarita; centos de escritos en xornais e revistas de España, República Dominicana e Venezuela.

Fundador do Lar Galego de Caracas

Os exiliados republicanos tiñan moitos problemas co seu densenvolvemento como colectivo na Venezuela. Tíñano antes de chegar, a súa chegada fora traumática, pero aínda así, unha vez na Venezuela tentaron organizarse en centros colectivos.

O goberno venezuelano non daba a autorización para que eles poideran asociarse, pois consideraban que eran perigosos polas súas ideas esquerdistas, e a lei prohibía taxativamente as actividades políticas dos estranxeiros. A Casa de España (republicana), Centro Basco (Caracas’ko Eusko Etxea) e o Centro Canario foron as primeiras organizacións permitidas coa prohibición expresa de calquera actividade política en chan venezuelano e unha estrita vixilancia por parte das autoridades.

Mosqueira Manso xunto a unha ducia de galegos de carácter progresista fundou, o 9 de febreiro de 1945, o Lar Gallego.

Na Memoria do Ministerio de Relacións Interiores, 1945-1946, p. LVII, subliñan a profunda relación do presidente e escritor Rómulo Gallegos Freire, descendente de galegos e que pasara tres veráns exilado en Beluso (Bueu), e o ministro de relacións exteriores, o poeta Andrés Eloy Blanco Meaño, descendente tamén de galegos e afervoado defensor da República española.

Mosqueira foi elixido presidente entre os 49 socios fundadores. O fillo do capitán Mosqueira, Fernando, recrea o intre así: “Os ‘catro gatos’ que fundamos o Lar Galego de Caracas, nacéramos, todos, en Galiza e, na nosa primeira xuntanza da Xunta Directiva, acordamos, por unanimidade, que mentres estivésemos no Lar, falaríamos a lingua de Rosalía, Pondal e Castelao”.

O Lar precisaba unha casa, unha casa abondo ampla. Durante algún tempo, usaran os locais do Centro Canario e da Casa de España.

O día da fundación da sede do Lar apareceu por sorpresa o escritor (que tres anos despois sería presidente) Rómulo Gallegos Freire e o que sería o seu ministro de exteriores Andrés Eloy Blanco Meaño, foron nomeados imediatamente, ambos os dous, socios de honra.

O mesmo fillo de Mosqueira conta a anécdota do seguinte xeito: “O meu pai, que viaxara moito, tiña o costume de levar unha pequena Kodak no peto e en calquera lugar quitaba fotografías (era un namorado da fotografía), e, que aconteceu?..., pois quixo a casualidade que o meu pai viaxase pola provincia de Pontevedra e, en Bueu e o seu contorno, quitara varias fotografías.


Mosqueira Manso, na inauguración do Lar Galego de Caracas, mostroulles a Don Rómulo e á sua esposa, Dona Teotiste, as fotografías de Bueu e Beluso, onde pasaran tres veráns. Don Rómulo colleu as fotos e mirounas, detidamente e con emoción: “Si, muller, lembro estes lugares e os nosos paseos ao solpor, e lembro a xente, a boa xente que moraba neses lugares. Eran galegos, coma os meus avós maternos. Lémbroos a todos con agarimo”.

Tamén, por casualidade, e falando de viaxes e lugares, meu pai mostroulles a Don Rómulo e á sua esposa, Dona Teotiste, esas fotografías. Esta, ao velas, lanzou unha exclamación de xúbilo. Dona Teotiste dixo, dirixindose ao grande escritor: ‘Olla Rómulo! non che trae isto lembranzas? Olla esta árbore, neste carreiriño e o prado que está á dereita. Cantas lembranzas, que fermosos recordos! Lembraste daqueles seráns, cando paseabamos por Bueu?’.

Don Rómulo colleu as fotos e mirounas, detidamente e con emoción:

-Si, muller, lembro estes lugares e os nosos paseos ao solpor, e lembro a xente, a boa xente que moraba neses lugares. Eran galegos, coma os meus avós maternos. Lémbroos a todos con agarimo”.

Pero a historia non perdoou a Rómulo Gallegos. E o seu democrático goberno, de só uns meses, foi derrocado por un incruento golpe militar presidido por Delgado Chalbaud, Lovera Llopís e Marcos Pérez Jiménez.



A pegada de Mosqueira trascende o ámbito do exilio e da colectividade galega en Caracas. O seu labor científico a través de traballos cos tartaruguiños albinos, as tartarugas arrau (podocnemis expansa) ou incluso os estudos de rendibilidade do cultivo de ostras no mangle da illa de Margarita fan de Mosqueira un adiantado no eido da investigación mariña, ademais da valiosa achega, no exilio, que fixo cos seus traballos sobre a industria de extracción pesqueira para Galiza.

Mosqueira Manso, inutilmente e desgrazadamente esquecido polo pobo galego, é aínda hoxe, un referente nos estudos biolóxicos de Latinoamérica.

Morreu en Caracas coa lembranza da súa compañeira Honorina Vecino, morta en Corme en 1918, á que dedicara o seu libro verbo as orixes galegas de Cristóvo Colón e a compaña dos seus fillos Paco e Manolo.

José María Mosqueira Manso, un cormés universal nunca abondo recoñecido, inxustamente esquecido.



--------------------------------------------------------------------------------



Fomentar a reprodución dos peixes, é cousa que moito debera preocuparnos. (Situémonos simbolicamente na nosa moi amada Galiza "meiga"). Para iso procuremos estudar os lugares máis indicados para establecementos de piscicultura. Precisamos repoboar as nosas costas e ríos de peixes -os sedentarios- crustáceos e moluscos de moi diversas especies indíxenas, que en tempos non lonxanos tanto abondaran no noso prolífico litoral e nos nosos ríos: Anllóns, Eume, Eo, Ulla, Tambre, Ponte do Porto, Miño. (Foto: río Eume).

As nosas riquezas galegas

Por José María Mosqueira Manso
(Revista Galicia do Centro Gallego de Caracas, 1952).


Iniciaremos neste primeiro número da nosa revista “Galicia” o tema pesqueiro, xa que as costas do noroeste español significan no conxunto da economía nacional unha achega importantísima, aínda que nunca tivo de Madrid a atención que precisaba. É que na capital de España viven moi lonxe do litoral e, polo tanto, de costas ao mar; e coido que moitos políticos crerán que a lagosta, a ameixa e a pescada que lles serven moi fresquiñas nas súas mesas, e que con tanta fatiga rañan dos fundos mariños os nosos abnegados e humildes pescadores, nacen e se desenvolven nas árbores ao igual que a pera e o pexego.

Dedicaremos hoxe unhas líñas ás piscifactorías, para seguir noutros números tratando da sardiña -o pan dos pobres das costas-; da perniciosa pesca á "pastilla"; da criminal con explosivos, e da imperiosa necesidade dunha sabia e apolítica unificación de vedas de moluscos e crustáceos.
Contaba o Capitán José María Mosqueira Manso.
“Galiza nunca tivo de Madrid a atención que precisaba. É que na capital de España viven moi lonxe do litoral e, polo tanto, de costas ao mar; e coido que moitos políticos crerán que a lagosta, a ameixa e a pescada que lles serven moi fresquiñas nas súas mesas, e que con tanta fatiga rañan dos fondos mariños os nosos abnegados e humildes pescadores, nacen e se desenvolven nas árbores ao igual que a pera e o pexego”.

sábado, 22 de agosto de 2009

O presidente de Venezuela Romulo Gallegos Freire, nun acto antifranquista


Caracas, 1947. O presidente de Venezuela, Rómulo Gallegos Freire nun acto antifranquista.

O Lar Galego


O LAR GALEGO, fundado en 1945, foi a primeira institución do tecido asociativo galego na Venezuela. Por diverxencias internas fundaronse posteriormente o Centro Galego e deste A Casa de Galicia. Na foto ten o nome de Irmandade Galega, pois o obxectivo da reunificación xa fora conseguido.

Caracas, 1952: Oscar Noia, Eduardo Blanco Amor e Pepe Velo



Na foto tomada en Caracas, 1952, están de esquerda a dereita, Oscar Noia, Eduardo Blanco Amor e Pepe Velo

viernes, 7 de agosto de 2009

Emilio Faro


EMILIO FARO
Esta é a única foto que temos de Emilio Faro, tamén temos escasa información, agradecemos aos seus amigos e amigas as aportacións que podan facer para que a memoria deste galego non se esqueza, non se perda, tanto el como os seus irmáns, Antón, Rafael, Anxo,... Grazas pola colaboración

sábado, 1 de agosto de 2009

Aquí estou.

Para participar nesta iniciativa.

jueves, 16 de julio de 2009

A emigración e o exilio das galegas e galegos a Venezuela 1936-1955

Memorias do exilio, do desarraigo e da emigración
A emigración e o exilio das galegas e galegos a Venezuela 1936-1955 por Xurxo Martínez Crespo

Galegos inmigrantes irregulares detidos no campo de concentración de Guasina en1945.

Venezuela non adoitou ser un lugar de recepción de emigrantes galegos. Cando os barcos enchían as súas adegas de homes ían a comezos do século XX ían a Cuba, Brasil, Arxentina e Uruguai. Crises económicas, circunstancias políticas, leis de inmigración e incluso “modas” determinaron que a emigración galega elixira determinados lugares en detrimento doutros.
A guerra incivil do 1936 ao 1939 determinou a saída de moitas galegas e galegos, e a escolla do lugar de emigración dependeu moito, simplemente, do país que quixese acollelos, como foi o caso de México ou Venezuela.
A chegada de exiliados, a súa recepción por parte do goberno venezolano, chocou coa oposición dunha maioritaria opinión católica tradicional que apoiaba abertamente ao xeneral Franco e a súa “santa cruzada”. Só os vascos salvaron os obstáculos da chegada e da entrada polo seu recoñecido e aberto carácter de católicos conservadores.
O 11 de xullo de 1936, co fin de fomentar a inmigración, apróbase en Venezuela a Lei de Inmigración e Colonización. A lei especificaba claramente quen podían acollerse á lei e entrar a Venezuela. Entre os principais requisitos estaba o de ser de raza branca, non ter antecedentes penais, ter un oficio e non profesar ideas contra a Constitución ou a forma de Goberno.

............
Coa progresiva perda da República, Francia comeza a recibir centos de milleiros de exiliados e desprazados. Solicita a Venezuela cooperación e acollida, ao que Venezuela responde que “a capacidade de absorción de inmigrantes no momento, estaba limitada polas disposicións legais, polo incipiente funcionamento dos seus organismos de colonización, pola necesidade de escoller os elementos de integración entre traballadores agrícolas, os técnicos e os obreiros especializados en certas industrias, polas exixencias do equilibrio demográfico, que reclaman diversidade racial, polo deber de preservación da paz social que puidera ser perturbada pola admisión sen reservas de elementos que profesen “ideoloxías extremas”, circunstancia que impón métodos coidadosos de selección”.
Ante as autoridades franquistas actuaba como ministro plenipotenciario Carracciolo Parra Pérez que recibira instrucións do seu goberno para que admitise agricultores, técnicos e empregados de industrias, preferibelmente vascos e cataláns, mineiros e obreiros metalúrxicos, pero tendo en conta que a selección debía ser “coidados” e excluírse aos “extremistas”.

Continúa en http://www.galizacig.com/vella/indice.html

Luís Noia Domínguez

Luís Noia Domínguez in memoriam (1936-2006)
Por Xurxo Martínez Crespo

En out4ubro de 1932 nace en A Guarda Luís. Fillo de Xoán Noia, o tenente alcalde no momento do golpe fascista do 18 de xullo de 1936. O propio pai narra no seu libro Fuxidos a súa vida na vila pontevedresa: “Exixencias dun miserábel vivir liquidaban a miña nenez, os xogos propios desta idade e os estudos. Impúñaseme a gavela de suar o meu primeiro salario. Un peso ó mes! Sesenta pesetas ao ano!” Así, con este sacrificio, iniciouse a forxar a recia personalidade deste guardés e dos seus fillos, que tiveron no seu pai Xoán un exemplo nunca abondo valorado polas novas xeracións de galegas e galegos.

Quixo a chamada apor Xosé Sesto “loita cainesca” que Xoán marchara a Venezuela cos seus fillos, e voltara axiña de novo a Galiza, voltando definitivamente Luís a comezos dos 60 ao carón do pai para quitar adiante a imprenta familiar Gráficas Numen.En Venezuela, Luís participa da vida do republicano e galeguista Lar Gallego que se fundara en 1945, pouco tempo despois do Eusko-Etxea de Caracas e moito tempo antes que o Centré Catalá, os tres de marcado talante antifascista e democrático. Par antes de voltar a Galiza participar na fundación da Irmandade Galega de Venezuela o 12 de outubro de 1960.

Futbolista de vocación, en Venezuela organiza e participa do fútbol entre as comunidades inmigrantes. A familia Noia, en Caracas, o seu irmán Óscar, foi un facho aceso de cultura galega, e a embaixada galega nese país. Sen os Noia no país caribeño nin Pura Vázquez, nin Celso Emilio, nin tantos outros poderían ter chamado algo como “fogar” lonxe das súas casas.
Pero todos eles compartiron e debeceron por unha Galiza máis galega, máis xusta, máis humana. Con ese mecenazgo humano que tiveron cos chegados, ou cos traídos como no caso de Celso Emilio, que chegou a Venezuela da man do irmán de Luís, Óscar.

A volta definitiva de Luís a Galiza quixo que o fado que fora unha volta de película. O barco portugués Santa María foi secuestrado polos coñecidos de Luís, Xosé Velo e o comandante Soutomaior. A Luís débese a única filmación existente do secuestro, filmación que tomara coa súa pequena cámara e que agochara ao chegar a Canarias para que non fora confiscada polas autoridades franquistas que ían detrás de calquera tipo de probas que axudasen a recoñecer aos membros do Directorio Ibérico de Liberación; así con esa pequena e curta gravación Luís pasou a posteridade e a historia gráfica de Galiza.

Na súa imprenta chegaban correos humanos e contactos do Partido Comunista na clandestinidade, por recursos e con ordes. A súa foi unha actividade política ininterrompida, e o máis importante comprometida coa cultura deste país.

A derradeira vez que vin a Luís foi en Santiago, na praza do Obradoiro. Levábamos horas agardando para poder saudar ao presidente venezuelano que ía pasar só tres horas no noso pequeno país. Malia a doenza e o mal tempo alí estivo connosco. Foi grazas a Luís que tivemos eses fermosos cartaces de solidariedade coa revolución bolivariana, nunca pagados que saíron do seu prelo... do seu Numen, literalmente e das súas firmes crenzas.

Compromiso é unha palabra en desuso nestes tempos. Luís tíñao, co seu país e países nos que inclúo á nosa nunca abondo querida Venezuela. Coa súa familia e coa historia e cultura de Galiza.
Home solidario e bo, en fin, morreu Luís Noia. Sei que moitos en Caracas lamentarán a súa irreparábel perda. Os seus amigos como Xesús López, Manuel Álvarez Quiroga, Eduardo Meilán e tantos e tantos outros.

Nós, galegas e galegos de Venezuela, de Galiza e de todos os recunchos tivemos a sorte de coñecer o que el e os seus fixeron po todos nós. Agradecémolo seguindo o seu exemplo. Ben dixo Castelao que non existe maior secesión nin separatismo que o que existe entre pobres e ricos; Luís sabíao e dende a súa pequena trincheira de follas, letras e libros loitou toda a súa vida contra esa secesión e ese separatismo. O sábado 19 de agosto as súas cinzas serán esperexidas na súa vila de A Guarda, ao carón do mar que o viu partir e voltar. Moitas grazas Luís Noia e boa viaxe.

Manuel Vilariño Santomé


Memorias do exilio, do desarraigo e da emigración
Manuel Vilariño Santomé: Un represaliado político galego chegado nunha patera a Venezuela en 1948
Por Xurxo Martínez Crespo
Manuel Vilariño Santomé naceu en Moaña en 1916 unha primeira vez, e en Venezuela unha segunda. Este samurai do destino ten mil achaques propios da idade. A súa vida parece como se se circunscribise a unha viaxe, a unha viaxe sen regreso como a morte, pero esa viaxe fíxoa cara á vida, non cara á outra vida, senón á vida que se lle negou no Estado español fascista de 1936. A súa viaxe contouma en Caracas en 2002.
Irmán dos famosos sindicalistas, Vilariño Santomé, foi detido en 1936 xunto con eles. A súa vida política, antes da rebelión e do golpe de Estado do 18 de xullo dese mesmo ano reducírase á defensa dos mariñeiros da súa vila natal, acusados, entre outras moitas cousas, de pescar con dinamita.
Publicou un acendido documento en 1935 sobre este punto na prensa sindical de 1935, que lle valeu o recoñecemento dos seus irmáns.
En decembro de 1936 é condenado a cadea perpetua, condena que cumpre en varias prisións. Son detidos con el tres dos seus irmáns, un deles secretario xeral do sindicato de mariñeiros de Moaña, outro concelleiro. Jesús e Antonio serían fusilados, ademais do alcalde de Moaña, en Vigo, o 31 de decembro de 1936.Vilariño pasou a guerra civil en varios cárceres e prisións. A súa militancia reducíase, a súa culpabilidade, a ser irmán de tan coñecidos sindicalistas e cargos públicos de Moaña.

María Teresa Cuenca Estevas



Memorias do exilio, do desarraigo e da emigración
María Teresa Cuenca Estevas in memoriam
Vigo, 6 de xuño de 1913 - Caracas, 16 de xaneiro de 2007
Por Xurxo Martínez

María Teresa foi enterrada ao día seguinte do seu pasamento, o mesmo día que nacera o fillo a quen dera vida e por quen dera toda a súa vida: Alejandro Tejero Cuenca.
Morreu sen conseguir os restos do cadáver torturado e esnaquizado do seu fillo. Un deses bos e xenerosos que deron a vida por nada. Mais María Teresa deixou un exemplo de vida imborrábel. Dende a súa loita denodada contra a farsa democrática que era a “democracia” venezolana de entre 1959 e 1999, na que a desaparición (asasinato) dos opoñentes políticos foi unha práctica habitual dos gobernos de Rómulo Betancourt, Raúl Leoni, Rafael Caldera, Carlos Andrés Pérez e Jaime Lusinchi.
Sen culpábeis polas desaparicións, asasinatos e torturas. Un exército represor do seu propio pobo servía a tiranos con disfraces de “lexitimidade” e legalidade democrática. Eran os anos en que a Escola das Américas do Comando Sur de Estados Unidos con base en Panamá (hoxe en Georgia-EUA) adestraba no exercicio da tortura e o asasinato a maior parte dos oficiais e exércitos de Latinoamérica.
María Teresa tomou parte activa na defensa da democracia contra o golpe de Estado de xullo de 1936 polos militares fascistas e forzas políticas e sociais reaccionarias. Os seus irmáns Juan, Luís (falecido na fronte de Madrid), Francisco e o seu pai foron todos membros do exército legal da República, mentres que María Teresa desenvolveu o seu labor no Ministerio de Guerra con Indalecio Prieto e con Ignacio Hidalgo de Cisneros, encargado das compras de armas para a República.
Casa co aviador segoviano Braulio Tejero, e ambos os dous marchan ao exilio francés en 1939. Perseguida e buscada polas autoridades franquistas, o seu nome será radiado por todo o Estado español fascista como unha perseguida.

Gonzalo Gómez Caridad (1919-2007), in memoriam

Memorias do exilio, do desarraigo e da emigración.
Gonzalo Gómez Caridad (1919-2007), in memoriam
Por Xurxo Martínez Crespo

O pasado 15 de novembro morreu Gonzalo Gómez Caridad, un home co que estou en débeda eu e moitos galegos que tiveron a sorte de coñecelo na emigración-exilio venezuelano.

Alegre e combativo
Galeguista convencido e convincente, Gonzalo é un dos moitos bos e xenerosos que chegou e abrazou a patria galega no exilio. Este coruñés que participou na guerra civil española do lado que non quería (como Celso Emilio, Xosé Velo e un longo etcétera) decidiu un día poñer mar por medio dun país escuro, fascista e totalitario e abrir a mente no exilio venezuelano.
Funcionario do Concello de A Coruña e xa casado con Josefa Freire, ámbolos dous embarcan no “Marques de Comillas”, vía New York - La Habana, rumbo a Venezuela.
Gonzalo foi un dos primeiros emigrantes galegos chegados a Venezuela. Eran moitas as restricións á chegada destes homes e mulleres ao país caribeño, e paradoxicamente, non sería até a chegada do ditador Marcos Pérez Jiménez quen coa súa megalomanía-faraónica-construtora abre as portas á man de obra especializada e barata do Estado español e de Italia entre 1954 e 1958.
En 1948 embarca o matrimonio Caridad-Freire a Venezuela. Unha parada en La Habana para visitar á familia do republicano lucense Vázquez Gayoso, máis tarde representante diplomático da lexítima República española ante o Goberno venezuelano entre os anos de 1945 a 1949 que afianzará aínda máis o seu compromiso coa legalidade no exilio.Os primeiros anos en Venezuela son difíciles. Venezuela, malia as oportunidades, é unha economía pouco diversificada e un país aínda rural. En Caracas entra en contacto cos recen chegados exiliados do noso país. Mergúllase por completo e Gonzalo Gómez Caridad “renace galego” da man de Xosé Velo Mosquera e de Xoán Noya principalmente en Venezuela e do oftalmólogo Antón Beiras na Galiza dos anos 50.

Actividade incesante
A vida de Gonzalo en Venezuela ten un profundo sentido galeguista e concienciador dos homes e mulleres galegos que, anos despois, chegarían analfabetos, política e historicamente, verbo a realidade do noso país.
Participa na fundación do Lar Gallego en 1948, segundo centro de exiliados autorizado por el Ministerio do Interior venezuelano despois do Caracas Eusko Etxea (Centro Basco de Caracas). Este Lar Gallego, herdeiro da lexitimidade democrática da República española, rompe relacións coa representación diplomática fascista española en Venezuela e asume como sinais de identidade a bandeira republicana e a galega.
No Lar Gallego temos na directiva, presidida por Xosé Velo, a Gonzalo como secretario. Eran membros deste Lar persoeiros destacados do exilio como Mariano Otero Castelao, Isolino López, José Silva, Pura Vázquez, Baldomero Gallego, Manolo Gallego, Jesús Vázquez Gayoso, Manuel Meilán, Silvio Santiago e os irmáns socialistas Somoza. Da Xunta Directiva deste Lar sairá a proposta e a comisión que tempo máis tarde logrará a fusión de todos os centros galegos da capital venezuelana, que xa rematando a década dos cincuenta eran tres: Lar Gallego, Centro Gallego e Casa Galicia.
O labor de concienciación patriótica do Lar non estaba reducido ás xentes chegadas da Galiza, senón e esto é algo moi importante, a un labor de semente na Galiza ocupada polo esquecemento e a represión.
Foi idea do Lar a creación dos premios Industrialización e Economía de Galiza Alexandre Bóveda, de Pintura, Maside e literario Ramón Otero Pedrayo, concedido por vez primeira á pedagoga Antía Cal por un traballo verbo o ensino en galego para nenos pequenos. A realidade da colectividade galega na emigración era similar á do Estado español de 1935. Dúas comunidades fortemente divididas ideoloxicamente que trasladaban esa división á realidade galega que trataban de influír dende Latinoamérica concedendo axudas económicas á cultura galega, como a editorial Galaxia, ou fomentando e preservando unha cultura galega prohibida na Galiza.Así, sementando xenreiras gratuítas na comunidade galega na emigración-exilio, aqueles que detentaban o poder dentro e fóra do Estado español alongaban a posibiliade de unión e forza que tanto precisaban estes exiliados económicos e políticos.

miércoles, 15 de julio de 2009

1979. DÍA DA PATRIA GALEGA EN CARACAS, FAI 30 ANOS


Este acto do día da Patria de 1979 fixémo-lo no vello Teatro Rosalía de Castro, da Irmandade Galega de Venezuela.
Na foto, en primeiro termo na esquina inferior dereita está Eliseo Montes (do PCE), e ao lado o noso compañeiro Xesús López Varela, pareceme que a que está detras de Xesús é Mari Carmen Fernández.
Este acto, do Día da Patria, deu lugar a que continuara a confrontación co Consello Directivo de turno que empezara cando nos usurparán a festa do San Xoán. Ameazas coa presencia da policía política, patrullas fora da Irmandade e axentes rondando no interior, non foron quen de disuadirnos.
Ao fondo da foto, sostendo a pancarta das Bases Constitucionais, están Xosé Manuel López Trelles e Leopoldo Romero (Curro).
Na madrugada do día 25 un “misterioso comando vandálico de Nova Galiza” secuestrou a corda do mástil onde tiña que ondear a bandeira española dos borbons. Aínda hoxe conservo o pedazo que me tocou do reparto, con tres nudos.Todo este asunto rematou con seis expulsados da Irmandade Galega de Venezuela, acontecemento que merecera a portada do semanario “A Nosa Terra”.

domingo, 21 de junio de 2009

1979 NoGa e a recuperación da festa do San Xoán

-A recuperación da festa do San Xoán, os coflictos coa secretaria de cultura, a conmemoración do Día da Patria, o acto no vello teatro Rosalía de Castro, as pancartas, as expulsións, logo da intervención dos emisarios na carpintería de Gacho.
-Nestes anos fixeranse feiras do libro, dende o 78, conferencias con todo tipo de persoaxes, presenza de intelectuais (Manuel María, maio 81), constitución da coral Aires Galegos, Semente Nova,..
-Foron anos de intensa actividade cultural galega.

miércoles, 6 de mayo de 2009

XXX aniversario de XERME e Nova Galiza (NoGa)


O nacionalismo galego en Venezuela en catro tempos e
Os 30 anos de Nova Galiza (NoGa) e do seu voceiro XERME


Emigración e nacionalismo galego camiñan xuntos dende os seus albores naquela Cuba dos derradeiros anos do século XIX e primeiros dos XX. Tamén en Arxentina e Uruguai houbo moita actividade, deica o ponto de que pode decirse que Galiza chegou a estar en Bos Aires, cando o Consello de Galiza era a principal representación do país, cando a Terra vivía a Longa Noite de Pedra.

Coñecemos bastante ben o acontecer do nacionalismo galego nos países citados, non obstante é pouco coñecida a actividade nacionalista en Venezuela.

Podemos distinguir catro etapas de activismo, a primeira delas está vinculada a figura de Pepe Velo, é basaríase principalmente na súa influencia persoal. Pepe Velo foi presidente do Lar Galego. O Lar foi a primeira sociedade galega en Venezuela é os seus socios eran, principalmente, persoas de orixe republicana,... Esta primeira etapa do nacionalismo galego en Venezuela remata co acción do DRIL, cando toman o barco Santa María, e teñen que refuxiarse en Brasil.

A segunda etapa do nacionalismo en Venezuela, ten que ver coa presencia de Celso Emilio Ferreiro e coa Unión do Povo Galego (UPG). CEF organiza un grupo entre os que se contaba Pepe Sesto e o seu fillo Farruco, hoxe ministro do Goberno Revolucionario da República Bolivariana de Venezuela, tamén por estes tempos, visita Caracas Lois Soto, cando CEF retorna, cesa a actividade, deste tempo quedan publicacións diversas.

A terceira etapa chega a raíz da derradeira fornada de emigrantes, a finais dos 70 e primeiros anos dos oitenta, xente nova, algúns xa con militancia política no nacionalismo comtemporaneo, especificamente na AN-PG. En abril de 1979 constituíse Nova Galiza (NoGa), en maio publicase o primeiro numero do seu voceiro XERME. NoGa causou un forte impacto nunha comunidade nucleada en torno a Irmandade Galega, que agrupaba a máis de 40 mil galegos e galegas, e que estaba gobernada nese tempo pola Agrupación Galaica-Plancha 1, na cal tiña unha influencia determinante o PCE, que copaba a dirección da Agrupación Galaica e do Consello Directivo da Irmandade Galega. Neste contexto ten lugar un intento de captación da xente de NoGa por parte do PCE, ante o resultado negativo e os problemas que xorden con motivo da celebración do San Xoán e posteriormente do Día da Patria, os nacionalistas de NoGa son expulsados da Irmandade Galega por seis meses, pero a presión foi tal que aos tres meses o propio presidente da Irmandade Galega “convidou” aos expulsados a queixo, xamón e viño, pedindo que se esqueza o ocorrido. NoGa seguiu activa e publicando o Xerme deica 1984 en que saleu o derradeiro número que completou un total de cincuenta e catro números, incluídos dous XERMES infantís, feitos por nenos do entorno de NoGa. O retorno á Terra duns e as ocupacións doutros puxeron fin a esta fermosa etapa do nacionalismo galego, moi combativa e ilusiónante. NoGa foi para moitos dos que participamos de forma máis activa unha grande escola de activismo e concienciación.
O comité editor do XERME estaba formado por Anxo Barreiro, Ramón Maceiras, Antón Monteagudo, Ismael Rodríguez, Xoán Rodríguez, Leopoldo Romero, Antolín Fernández e Xosé Manuel López Trelles, contaba con colaboradores como Manuel María, Xesús Cambre Mariño, Xosé Neira Vilas, María Xosefa Soto, Mercedes Fuentes,...

A cuarta etapa e actual, esta marcada pola actuación da asociación civil, FORO SOLIDARIO GALEGO, fundada en 1996. Publicacións e foros son as principias actividades desta asociación nacionalista en Venezuela.

Santiago de León de Caracas, abril, 2009.
_____________________________________________________________________

lunes, 5 de enero de 2009

Galicia Canta editado en Caracas en 1970







Este disco (LP) foi editado en Caracas por PovoVox, coas voces de Xavier, Benedicto, Xerardo Moscoso, Miró, Guillermo, Xoán Rubia e Xulio Formoso, sobre poemas de Celso Emilio Ferreiro, Lois Dieguez, X. Les, Manuel Curros Enrriquez, J. Ignacio Sesto e Farruco Sesto. Disco comprometido coa nosa Terra, co noso Pobo e coa Liberdade.



Primeira Mostra de Cine Galego en Venezuela

Os filmes galegos "A vida que se nos vai", "A ponte da verea vella" e "Circus" foron proxectados na I Mostra de Cine Galego en Venezuela baixo a organización de Nova Galiza (NoGa) e do Frente Cultural da AN-PG. O cartaz foi deseñado polo arquitecto, poeta e debuxante Farruco Sesto. Decembro de 1980.

Xente de Nova Galiza (NoGa) e XERME (1979)

Estes eran algunhos dos compañeiros de NoGa, os do comité editor do XERME, en primeira liña de esquerda a dereita, Leopoldo Romero (Curro), Xoán Rodríguez, Moncho Maceiras, na segunda liña X.M. López Trelles, Anxo Barreiro e Ismael Rodríguez.

30 Anos de Nova Galiza (NoGa) e do seu voceiro XERME

Este é o cabezallo do primeiro Xerme publicado, faciase totalmente manual con un multigráfo, e rematabamos cheos de tinta.

Padroado da Cultura Galega de Venezuela



Publicación das Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego. en 1974.
Material suministrado polo noso estimado Antón López Suárez.

Carta de agradecemento da Academia Galega


Esta é unha carta de agradecemento da Academia Galega á comunidade galega de Venezuela (Amigos da Academia Galega) pola contribución con fondos para a súa xestión.
Documento suministrado por Antón López Suárez.

Información para colaborar

A colaboración pódese facer polos seguintes medios:
Aqui van algunhos datos para facilitar a colaboración, pero a máis doada é participar no grupo do Facebook.

Correo da asociación FORO SOLIDARIO GALEGO: fsgvenezuela@terra.com
Correo do colaborador Xosé Manuel López Trelles: trellesxml@gmail.com
Publicación no blog: http://www.recuperacióndamemoriagaleganavzla.blogspot.com/
Grupo Galegos de Venezuela: www.es.groups.yahoo.com/group/galegos-vzla
Grupo Facebook: "Recuperación da Memoria Histórica Galega en Venezuela"

Declaración

Texto da declaración