miércoles, 15 de julio de 2009

1979. DÍA DA PATRIA GALEGA EN CARACAS, FAI 30 ANOS


Este acto do día da Patria de 1979 fixémo-lo no vello Teatro Rosalía de Castro, da Irmandade Galega de Venezuela.
Na foto, en primeiro termo na esquina inferior dereita está Eliseo Montes (do PCE), e ao lado o noso compañeiro Xesús López Varela, pareceme que a que está detras de Xesús é Mari Carmen Fernández.
Este acto, do Día da Patria, deu lugar a que continuara a confrontación co Consello Directivo de turno que empezara cando nos usurparán a festa do San Xoán. Ameazas coa presencia da policía política, patrullas fora da Irmandade e axentes rondando no interior, non foron quen de disuadirnos.
Ao fondo da foto, sostendo a pancarta das Bases Constitucionais, están Xosé Manuel López Trelles e Leopoldo Romero (Curro).
Na madrugada do día 25 un “misterioso comando vandálico de Nova Galiza” secuestrou a corda do mástil onde tiña que ondear a bandeira española dos borbons. Aínda hoxe conservo o pedazo que me tocou do reparto, con tres nudos.Todo este asunto rematou con seis expulsados da Irmandade Galega de Venezuela, acontecemento que merecera a portada do semanario “A Nosa Terra”.

3 comentarios:

  1. Tamen na primeira fila, empezando po-la esquerda (coma e debido) e ademais comenzando po-las mulleres (coma tamen e debido) temos nada menos e nada mais a "Azucena de Lara" (quen fora en vida a muller de Pablo Lara, outro gran galaico), e inmediatamente o seu lado temos a muller mais significativa da miña vida..e decir, miña nai, miña naiciña, quen me quentou a ropiña co calorciña da sua.. ! Hortensia Cendon Dapena de Lopez.

    ResponderEliminar
  2. Nota: O comentario anterior non e de Jesundino (meu pai) e meu (o seu fillo Carlos) e por eso que fago o comentario da miña nai..

    ResponderEliminar