lunes, 22 de noviembre de 2010

viernes, 24 de septiembre de 2010

Xerme nº 37 xunio 1981 Manuel María en Caracas


En Maio de 1981 a Irmandade Galega de Venezuela conviduou a Manuel María para o Día das Letras Galegas.
Xerme dedicoulles varias páxinas.

sábado, 11 de septiembre de 2010

A REFUNDACION E PEPE VELO



Santiago de León de Caracas, 29 de agosto de 2010.
Señores
Consello Directivo
Irmandade Galega na Venezuela
Prezados consocios:
Teño coñecemento de que o vindeiro 12 de outono, co gallo de celebrarse o 50 aniversario da Sociedade, van ter lugar diversos actos e conmeracións.
E do meu entender que sería de xustiza histórica recordar e homenaxar ao principal artífice da unidade dos centros galegos en Caracas, o profesar Xosé Velo Mosquera, “Pepe Velo”, quén con diversas publicacións, emisións de radio, comisións,…do que hai testemuña na revista Galicia do “Centro Galego de Caracas”, e diversos boletíns do “Lar Galego” que se espallaron entre a nosa Comunidade.
O acto de meirande importancia que tivo lugar para impulsar a unidade tivo lugar no desaparecido “Cine Apolo” da Praza Candelaria, no ano 1956.
Agardando que esta suxerencia sexa útil para contribuír a recuperación da nosa memoria histórica e para facer xustiza ao galego maís destacado da nosa Comunidade, se consideres oportuno facer este acto sería apropiado convidar a súa dona Jovita Pérez e demais familia, que aínda residen en Caracas.
Atentamente,
Manuel Álvarez Quiroga
Socio fundador nº 56

jueves, 8 de julio de 2010

Boletín NÓS tamén somos Galicia.


Do boletín "NÓS tamén somos Galicia" publicaronse catro números de forma intermitente desde maio de 1982 a Maio de 1989.
Neste boletín xa se recupera o Escudo Civil de Galiza deseñado por Castelao.

martes, 27 de abril de 2010

ANTÓN LÓPEZ SUÁREZ, galego dos "bos e xenerosos".

ANTÓN LÓPEZ SUÁREZ.
A Coruña, 14 de setembro de 1922.
Santiago de León de Caracas, 26 de abril de 2010.
Padeceu a represión fascista no seu entorno familiar máis próximo, un irmán condenado a pena de morte.
Emigrou a Venezuela e foi membro da Irmandade Galega de Venezuela deica a súa privatización en 1993, entón, en firme coherencia co seu pensamento, deuse de baixa.
Tamén en Caracas, Antón tivo que aturar coa persecución pola súas ideas na empresa donde traballaba, o que lle custou o emprego.
Era membro do “Comité Hispano-Venezolano por la República Española”.
Deica os seus derradeiros días fixo traballo voluntario no Consello Comunal da Avenida México da Candelaria donde residía.
Antón era cidadán venezuelano por elección, cando puido recuperar a “nacionalidade española”, negouse en rotundo a ser “súbdito” dun estado monárquico, prefería ser cidadán dunha república.
Antón era un home alto, forte, aos seus oitenta e tantos anos presumía de vivir soo, sen molestar a ninguén, aínda que tiña familia; sempre impecable, na súa roupa non había unha mancha nin unha arruga, amable e cortes, amigo leal, serio e formal, con un fortísimo caracter que o levaba a confrontar canto lle parecía inxusto.
Un servidor coñeceuno nesta etapa final no consello comunal, agasalloume con un libro de Neira Vilas, Xente no rodicio, edición de 1965, un exemplar das "Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego" editado polo Padroado da Cultura Galega en Caracas, 1974, unha copia da carta de Sebastián Martínez Risco aos "Amigos da Academia Gallega", en Caracas, do 16 de xaneiro de 1965, dando as gracias polos fondos recibidos, e tamén un libro de memorias da guerra civil escrito por Bruno Alonso, "El proletariado militante", (México, 1957).
Antón López Suárez, galego e republicano consecuente, deica sempre irmán, foi un enorme pracer coñecerte e poder compartir contigo estes teus derradeiros anos.