martes, 4 de octubre de 2022
Irmandade Galega da Venezuela. DIA DA PATRIA GALEGA 2011
Texto final do discurso de Xoán Manuel Xiráldez Pérez na Irmandade Galega da Venezuela como orador de orde da Sesión Solemne da Asemblea de Representantes celebrada con motivo do DÍA DA PATRIA GALEGA, o 25 de xullo de 2011.
“…
Nesta parte final da miña exposición, quero facer unha reflexión, na que desearía que me acompañaran meus irmáns galegos, que conviviron e loitaron con moito amor galego e espírito de sacrificio nesta nosa casa grande (naqueles momentos aínda era pequena) os primeiros 30 anos de vida.
Comenzo a miña reflexión con unha pregunta: ¿En qué fallamos irmáns?, ¿En qué fallamos para caer nesta curva de indiferenza a todo o noso? O noso amor á Terra, ao noso espírito galego, á nosa cultura, á nosa satisfacción de ser e sentirnos galegos, á nosa fala, á nosa identidade de irmáns da mesma Terra.
Aquí non podo estabelecer diferenzas de grupos, nin diferenzas políticas, porque uns e outros somos galegos. Nacemos nunha Terra das máis fermosas do mundo, que nos marcou a fogo a alma, ese amor hacía ela, para que nunca poderamos esquecela, nin no tempo nin na distancia. E esa nobre pasión fora pasando de xeración en xeración.
¿Qué nos pasou entón? Xa case non falamos galego na nosa casa grande, ¿Xa non lembramos a ledicia e felicidade que sentíamos ao falar galego entre nós?
Da nosa historia recente ou antiga… ¿Qué coñecemos?, ¿das nosas raíces, que lembramos?... o noso programa radial, debera ser o vehículo da nosa historia, da nosa mensaxe de irmandade para o mundo; mensaxe de amizade, comprensión e respeto mutuo.
Fago outra pergunta ¿Nestes intres, non seríamos capaces de facer, dando unha demostración de verdadeira irmandade, o que conseguiron facer os fundadores desta nosa casa, nunha época moitísimo máis difícil, polas circunstancias que se vivían entón, para xunguir as conciencias galegas, en defensa dos nosos valores nacionais, do noso xentilicio, da nosa razón de ser, donde a nosa cultura e o noso idioma son valores indispensábeis.
Os galegos e as galegas que vivimos dende fai tantos anos nesta Venezuela, a que temos aprendido a querer e que é a terra dos nosos fillos, podemos e debemos ter maneiras de vivir e formas de pensar moi diferentes, pero no que respecta ao noso amor pola Galiza e os seus valores históricos e culturais, deberíamos estar nun mesmo camiño ou en varios camiños que nos leven ao mesmo lugar, para poder sentirnos orgullosos de nos mesmos.
A Irmandade Galega conta cunha mocidade valiosa, sana, intelixente e nobre, con grandes valores que nós non soupemos encauzar polo vieiro dos verdadeiros valores galegos, para conquerir o cambio xeracional que debeu ter comenzado moitos anos antes, sen traumas e sen dubidas de cal debera ser o camiño a seguir.
Pero non fomos capaces de ensinar aos nosos fillos co mellor método de ensino: ¡O exemplo!... O exemplo que lle temos dado, no eido das nosas loitas sociais non foi o mellor. Predicamos amor galego, nobreza, humildade, comprensión e practicamos todo o contrario, no que debeu ter sido unha loita nobre das ideas e razoamentos lóxicos.
A mocidade que está no Colexio Castelao, nos formidables grupos folclóricos, no deporte e nas outras organizacións internas, son o futuro da nosa Irmandade Galega e nós, os que xa temos queimado moitas etapas, debemos deixalos pasar e ofrecerlles os nosos coñecementos e a nosa experencia sen egoísmos.
Ao futuro é necesario cederlle o paso no seu intre. Xamais agardar a que él nos aparte, pero tamén, os que temos queimado moitas etapas traballando en pro e por a Irmandade Galega, creo que temos a forza moral suficiente para pedirlle a ese futuro que corresponda a nosa sociedade para que cando sexan nomeados a un cargo executivo ou de dirección, lean antes, detidamente, o estatuto lei, para poder estar seguros de que se senten suficientemente capacitados para desempeñar o cargo con diñidade e nobreza.
Nós seguiremos estando en pé de loita social mentres haxa saúde e vida, como asesores, conselleiros, avós ou severos críticos se fora preciso.
Hoxe quixen falarlles co amor da nosa Terra Galega de fondo e coa sinceridade que me caracteriza e quero desexarlles a todos, neste homenaxe de hoxe ao Día da Patria Galega, con moita saúde, con moito amor e moita felicidade nas súas vidas.”
Breve nota biográfica do orador: Xoán Manuel Xiráldez Pérez naceu en Vigo en 1932. Chega á Venezuela con 25 anos e inmediatamente incorporase ao activismo social galego. En 1960 é cofundador do Centro Galego de Puerto La Cruz, do que foi presidente en 1961. En 1963 é cofundador da Irmandade Galega de Guayana en Puerto Ordaz. Posteriormente foi secretario de cultura da Irmandade Galega da Venezuela en tres oportunidades (1966, 1985, 1995). Desde 1996 forma parte do Consello Local do Bloque Nacionalista Galego (B.N.G.) en Venezuela, donde se desempeña como Responsábel de Relaciones Institucionais y Sociais. Tamén é membro da dirección da asociación civil Foro Solidario Galego (Venezuela).
lunes, 22 de noviembre de 2010
viernes, 24 de septiembre de 2010
Xerme nº 37 xunio 1981 Manuel María en Caracas
domingo, 12 de septiembre de 2010
sábado, 11 de septiembre de 2010
A REFUNDACION E PEPE VELO
Santiago de León de Caracas, 29 de agosto de 2010.
Señores
Consello Directivo
Irmandade Galega na Venezuela
Prezados consocios:
Teño coñecemento de que o vindeiro 12 de outono, co gallo de celebrarse o 50 aniversario da Sociedade, van ter lugar diversos actos e conmeracións.
E do meu entender que sería de xustiza histórica recordar e homenaxar ao principal artífice da unidade dos centros galegos en Caracas, o profesar Xosé Velo Mosquera, “Pepe Velo”, quén con diversas publicacións, emisións de radio, comisións,…do que hai testemuña na revista Galicia do “Centro Galego de Caracas”, e diversos boletíns do “Lar Galego” que se espallaron entre a nosa Comunidade.
O acto de meirande importancia que tivo lugar para impulsar a unidade tivo lugar no desaparecido “Cine Apolo” da Praza Candelaria, no ano 1956.
Agardando que esta suxerencia sexa útil para contribuír a recuperación da nosa memoria histórica e para facer xustiza ao galego maís destacado da nosa Comunidade, se consideres oportuno facer este acto sería apropiado convidar a súa dona Jovita Pérez e demais familia, que aínda residen en Caracas.
Atentamente,
Manuel Álvarez Quiroga
Socio fundador nº 56

jueves, 8 de julio de 2010
Boletín NÓS tamén somos Galicia.
martes, 27 de abril de 2010
ANTÓN LÓPEZ SUÁREZ, galego dos "bos e xenerosos".
ANTÓN LÓPEZ SUÁREZ.
A Coruña, 14 de setembro de 1922.
Santiago de León de Caracas, 26 de abril de 2010.
Padeceu a represión fascista no seu entorno familiar máis próximo, un irmán condenado a pena de morte.
Emigrou a Venezuela e foi membro da Irmandade Galega de Venezuela deica a súa privatización en 1993, entón, en firme coherencia co seu pensamento, deuse de baixa.
Tamén en Caracas, Antón tivo que aturar coa persecución pola súas ideas na empresa donde traballaba, o que lle custou o emprego.
Era membro do “Comité Hispano-Venezolano por la República Española”.
Deica os seus derradeiros días fixo traballo voluntario no Consello Comunal da Avenida México da Candelaria donde residía.
Antón era cidadán venezuelano por elección, cando puido recuperar a “nacionalidade española”, negouse en rotundo a ser “súbdito” dun estado monárquico, prefería ser cidadán dunha república.
Antón era un home alto, forte, aos seus oitenta e tantos anos presumía de vivir soo, sen molestar a ninguén, aínda que tiña familia; sempre impecable, na súa roupa non había unha mancha nin unha arruga, amable e cortes, amigo leal, serio e formal, con un fortísimo caracter que o levaba a confrontar canto lle parecía inxusto.
Un servidor coñeceuno nesta etapa final no consello comunal, agasalloume con un libro de Neira Vilas, Xente no rodicio, edición de 1965, un exemplar das "Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego" editado polo Padroado da Cultura Galega en Caracas, 1974, unha copia da carta de Sebastián Martínez Risco aos "Amigos da Academia Gallega", en Caracas, do 16 de xaneiro de 1965, dando as gracias polos fondos recibidos, e tamén un libro de memorias da guerra civil escrito por Bruno Alonso, "El proletariado militante", (México, 1957).
Antón López Suárez, galego e republicano consecuente, deica sempre irmán, foi un enorme pracer coñecerte e poder compartir contigo estes teus derradeiros anos.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)